Robert Capa, Gerda Taro e Chim.
Os tres fotógrafos que ensinaron ó mundo a realidade da Guerra Civil española. Fotografías reais,
duras e que mostraban
a atrocidade,
a loita entre irmáns
en bandos ilóxicos que durante tres anos percorreu a realidade do estado español.
Capa era o pseudónimo de tres fotógrafos, e entre todos retrataron a España do 36. Pero os negativos desapareceron. Non se sabía de quen era cada imaxe, quen premeu o botón no instante preciso, no lugar adecuado e conseguíu aterrorizar e encoller os corazóns de centos de miles de persoas. No 36. E ho
O filme documental "A Maleta Mexicana" reconstrúe a realidade dos tres fotógrafos. Tras unha longa viaxe, de Madrid a París, de París a Mexico... unha viaxe de emigrante exiliado. Perfil de loitador pola liberdade, ó igual que os tres fotógrafos.
Pode que non sexa realmente importante saber quen fixo as fotografías, xa que chegan á alma de todas formas. Pero é indiscutible que os negativos constitúen un elemento único, unha demostración da evolución da reportaxe bélica no século XX.
Definitivamente convídovos a ver o documental, e espero que sexa suficientemente interesante como para perder dúas horas de vida vendoo.
Sem comentários:
Enviar um comentário