domingo, 30 de outubro de 2011

Libre


Liberdade.   حرية.  Libertad.
freedom. 
Freiheit. свобода.


Liberdade de expresión.

Liberdade de CREDO.

LIBERDADE ARTÍSTICA.


 Eu.
       Libre.            
Liberdade coaccionada.
Polo sistema.
Pola sociedade.
Pola política.
Pola economía.
Pola morte.
Pola vida.
Por todo.

SE LIBRE




Fotografías: M. Álvarez. 
Intervención artística na rúa.
Ourense. 28-10-2011

quarta-feira, 26 de outubro de 2011

Tempo Vivido

O tempo.
Estraño azar irreversible.
Lineal e absurdo.
Inexorable.
Incapturable?
Imaxe temporal
imperdurábel
Cronos.
Pasado, presente e futuro
nun momento
nunha vida
nun segundo
  nunha eternidade.  


         

              imaxe: Michael Weseley
                Tempo Capturado na Potsdamer Platz
              lugar cambiante pero estabel  
              na miña viaxe ó redor da vida

terça-feira, 25 de outubro de 2011

Crítica irónica



Crítica ó sistema, ó consumismo, ó capitalismo, ó mercado,  á censura,  á arte, á morte, á relixión, á Deus e ó Demo, a nós, a vós, á vida e á morte, os soños, as preguntas e as respostas...

Crítica, si. Asimilada polo sistema, polo consumismo, polo capitalismo, polo mercado, pola censura, pola arte, pola morte, pola relixión, por Deus? ou polo Diaño, por nós, por vós e pola vida. E pola morte. E polos soños e as preguntas e as respostas, que siguén ahí.

Todos buscamos respostas a preguntas efímeras e eternas. Pode que a crítica morra, pero a resposta, sigue ahí. Podemos vela.








Banksy,  a crítica  roubada, reconstruida e asimilada.
O mercado, dono do material, pero non dos soños.
Ainda.
Non.

quarta-feira, 19 de outubro de 2011

Mahler, Mahler, Mahler...


Nada máis abrumador que o son envolvente, calido e doloroso de Mahler, na perfecta conxunción co misterio e a beleza morta e decadente de Venezia.

Imposible olvidar a luz do amencer nas súas rúas e o momento no que escoitei por primeira vez a súa música.
Mahler, Mahler, Mahler... 

Un brindis, polos grandes momentos da vida. 
Un brindis, pola miña cidade.
Un brindis, pola cándida adolescencia.

sexta-feira, 14 de outubro de 2011

A Maleta Mexicana.

 Robert Capa, Gerda Taro e Chim.
 Os tres fotógrafos que ensinaron ó mundo  a realidade da Guerra Civil  española.  Fotografías reais,
 duras e que mostraban
 a atrocidade, 
a loita entre irmáns
 en bandos ilóxicos que durante tres anos percorreu a realidade do estado español.



Capa era o pseudónimo de tres fotógrafos, e entre todos retrataron a España do 36. Pero os negativos desapareceron. Non se sabía de quen era cada imaxe, quen premeu o botón no instante preciso, no lugar adecuado e conseguíu aterrorizar e encoller os corazóns de centos de miles de persoas. No 36. E ho

O filme documental "A Maleta Mexicana"  reconstrúe a realidade dos tres fotógrafos. Tras unha longa viaxe, de Madrid a París, de París a Mexico... unha viaxe de emigrante exiliado. Perfil de loitador pola liberdade, ó igual que os tres fotógrafos.

Pode que non sexa realmente importante saber quen fixo as fotografías, xa que chegan á alma de todas formas. Pero é indiscutible que os negativos constitúen un elemento único, unha demostración da evolución da reportaxe bélica no século XX.

Definitivamente convídovos a ver o documental, e espero que sexa suficientemente interesante como para perder dúas horas de vida vendoo. 

quarta-feira, 5 de outubro de 2011

Cronos icónico


A fotografía como elemento capturador do tempo. Como elemento catárquico do momento que nos conmove. Pero non é a fotografía en si, senón o sustrato subxacente. Toda a nosa imaxinación exáltase  e reconstrúe unha historia anterior e posterior ó momento. E todo galego, fillo da terra comprende a imaxe da sangrante dor da marcha na busqueda do futuro. Dun futuro incerto.

O punto no que a imaxe conxela o instante, permítenos captar sentimentos que na realidade viven un segundo. Permítenos paralizar o momento no que a dor se nos descubre contra a  faciana. A intensidade, a fraxilidade e a perfección dun momento único. Dun encuadre único. Dunha mirada fotográfica única.

Unha imaxe social, persoal e a vez universal. Pesadelos, empatías e sintonías de espectadores do momento que se volve intemporal e inmortal.  

fotografía: "Emigrante"   de Manuel Ferrol