A fotografía como elemento capturador do tempo. Como elemento catárquico do momento que nos conmove. Pero non é a fotografía en si, senón o sustrato subxacente. Toda a nosa imaxinación exáltase e reconstrúe unha historia anterior e posterior ó momento. E todo galego, fillo da terra comprende a imaxe da sangrante dor da marcha na busqueda do futuro. Dun futuro incerto.
O punto no que a imaxe conxela o instante, permítenos captar sentimentos que na realidade viven un segundo. Permítenos paralizar o momento no que a dor se nos descubre contra a faciana. A intensidade, a fraxilidade e a perfección dun momento único. Dun encuadre único. Dunha mirada fotográfica única.
Unha imaxe social, persoal e a vez universal. Pesadelos, empatías e sintonías de espectadores do momento que se volve intemporal e inmortal.
fotografía: "Emigrante" de Manuel Ferrol
Sem comentários:
Enviar um comentário