segunda-feira, 27 de fevereiro de 2012

ollares ocultos


Venezia nos nosos ollos
ocultas miradas
soños difusos.



Fotografía de M.Álvarez

sábado, 25 de fevereiro de 2012

Entroidos Ancestráis


Guturais voces dos ancestros
de tempos remotos 
de tempos pasados que votan 
a realidade 
por uns intres





Pantallas en Xinzo de Limia, 
que non se esquecen baixo a auga
retratados por M. Álvarez

quinta-feira, 23 de fevereiro de 2012

Un saxo na noite
























"Cólleo así, firme e con cariño,
como se fose unha rapaza". Non sei se o fixo adrede
pero aquela foi a lección máis importante da miña vida.
A música tiña que ter o rostro da muller 
á que namorar.


Solo de saxo na noite en Xinzo de Limia,
fotografiado por M. Álvarez
poñendolle imaxe ó conto
 de Manuel Rivas.

quarta-feira, 22 de fevereiro de 2012

luces da ánima




Non te define a faciana,
senón
a luz
que te rodea.
Luces e sombras que constrúen o teu mundo.
Que constrúen o mundo.



M. Álvarez retratando ao
 escultor Delfín Blanco

terça-feira, 14 de fevereiro de 2012

Sombras na noite

dualidades



Duas facianas
duas caras da mesma moeda
duas almas enfrontadas
confrontadas
e idénticas.



fotografiando o rostro e a alma
M. Álvarez e a modelo Susanna Blanco

sexta-feira, 10 de fevereiro de 2012

imaxes reminiscentes




A dor sempre será a mesma,
pasarán días, meses, anos, siglos
e milenos.
Pero unha imaxe que contén todas as imaxes,
unha dor que contén todas as dores.
Unha mai que chora polo seu fillo.
Da igual que o mostre Miguel Anxo, 
ou Samuel Aranda.
A mesma historia,
a mesma dor.

segunda-feira, 6 de fevereiro de 2012

Rear Window

      Rear Window 
                                                  A fiestra indiscreta




       Probablemente a mera colección de telefilmes e adaptacións feitos a partir desta historia xa nos permitan imaxinar ante o tipo película co que nos atopamos. A Rear Window é un dos grandes filmes de Alfred Hitchcock e dende o capítulo adicado dos Simpson ata reversións de serie b, utilizarase o argumento deste filme readaptándoo e reutilizandoo ata a saciedade, unhas con grande éxito como pode ser Woody Allen en “Misterioso asasinato en Manhattan”  ou dunha maneira estrepitosamente patética como ocurre noutros filmes (que omitirei citar). Moitos pecamos de ter visto primeiro unha versión de terceira antes de achegarnos ó gran orixinal.

domingo, 5 de fevereiro de 2012

Eu coa miña música


Cicatrices da vida
e da alma. 


Fotografía de Adrian Dafonte
ca miña vida de fondo.