levando antre os labres
un ronsel de axóuxeres,
e ninguén o escoitóu.
Outro día pasóu un home
coa lúa ó lombo
pra sementala no peito,
e ninguén lle falóu.
No outro día pasóu un vello,
malferido de anguria
e mollado de noxo,
e ninguén o miróu.
...E onte, unha muller,
orballada de medo,
pasóu correndo
sin voltar a faciana, berrando,
espantada pola morte,
e ninguén a choróu.
Poéticas palabras
poderosas
o rostro da vida vivida
das experiencias aprendidas
dos soños e das realidades.
María do Carme Kruckenberg.
Foto: Miguel Álvarez Fernández
Sem comentários:
Enviar um comentário