A Língua das Bolboretas
Cuerda-Rivas
Na miña opinión o logro de Jose Luis Cuerda é
o ter conseguido hilvanar tres relatos distintos nunha única historia, que
recrea a vida nun rural galego case idílico sobre o que planea a sombra da Guerra Civil.
A emoción causada pola aprendizaxe da vida,
por descubrir cómo funciona un mundo, pero un mundo similar a un diamante con
diferentes e afiladas aristas que consiguen que a historia principal deste
guión nos deixe co corazón encollido. Unha ópera perfecta que nos guía cara un
final cun dramatismo que consigue por a pel de pita. Os contos de Rivas son
xeniais, e Cuerda consigue darlles vida nun filme abraiante.