sexta-feira, 27 de janeiro de 2012

Thelma & Louise

                         Thelma & Louis
                          (Ridley Scott, 1991)





A viaxe cara a liberdade. Unha viaxe difícil, chea de ostáculos que conduce a unha única saída catárquica e liberadora.  Parece incrible como un tema utilizado miles de veces en miles de historias sigue a ser vixente no día de hoxe. Os eternos temas tópicos sempre permiten unha volta de parafuso, unha nova revisión adaptándoas ó momento. 

    Unha Road Movie feminista parece extraña de entrada, pero nada máis acercarnos a ela descubrimos que é posible e  lóxica: os personaxes e a súa realidade, unha historia de acción clásica mezclada con situacións duras e a vez un tanto cómicas, na que a amizade das dúas protagonistas se establece como o principal elemento que move o filme.
   

A historia, na miña opinión, condúcese sen sobresaltos, vaite levando cara un final dramático que en ningún momento esperas nos primeiros minutos de metraxe, pero que cando chega atopas como lóxico e normal.  O guión está moi ben construido. Unha historia que camiña, na que as respostas a todas as situación están perfectamente relacionadas ca sicoloxía dos personaxes e na que os diálogos son realistas e coherentes.  Na miña opinión este é un dos puntos fortes do filme.
    En cuanto a Thelma e a Louise, son dúas antíteses dende o inicio do filme, que gracias a un influxo mútuo evolucionan  segundo avanza a historia. Se Thelma e a ama de casa reprimida e maltratada psicolóxicamente por un home mediocre, desorganizada e impulsiva, Louise é unha muller liberdada, organizada e que vive do seu traballo, pese a eso, os seus impulsos reprimidos e as súas vivencias influen na personaxe dende os primeiros minutos da película. 

    É quizais a construcción das protagonistas o que máis me gusta desta historia, ver como o seu pasado as move no presente e as fai reaccionar nas situación: se Louise dispara é debido a que sufríu unha violación, algo que se nos contará de forma encuberta como retazos dunha historia tráxica de Texas que aínda non superou. O pasado de Louise vai condicionar o seu presente e o seu futuro. Pola contra, Thelma, a muller reprimida que non coñece o amor,  descubrirá no transcurso da viaxe a liberdade sexual, o poder do control e deixará aflorar a súa verdadeira personalidade.

    É a súa vez Thelma unha personaxe tenra. Podemos observala como un animal ferido o inicio da película (aínda que rápidamente vemos que colle un arma, demostrándonos que é algo importante no transcurso da historia), e como vai gañando en autonomía, autodeterminación, coraxe… ata se converter nunha atracadora “entrañable” e “educada”, pese a que soe irónico. Tamén é o seu punto de desenfreno o que sempre leva ós problemas, dende a borracheira que conduce a violación, ata o roubo por “namorarse” dun ladrón de pouca monta.  

    Evidentemente nesta película a evolución das personaxes vai a estar totalmente marcada polo influxo mutuo que existe entre as dúas protagonistas. Louise aprenderá ó longo do filme a deixarse levar polos impulsos primarios como fai Thelma, pero a segunda, non descubriría a liberdade se non fose pola axuda da súa amiga.   Se a amistade é valorada sobre todas as cousas neste filme, a súa influencia na relación entre as dúas e  primordial.

    Entre os personaxes masculinos, encontramos tipos diferentes de homes “peligrosos”, se o marido de Thelma é o machista represor que considera que é dono da súa muller, Harlan é o home guiado polos seus impulsos ó que non lle importan os sentimentos das mulleres,  J.D un home peligrosamente seductor, que as atrae os problemas, e como non Jimmy o neno que non quere medrar, pero que se arrepinte de non ter coraxe para amar. O único home “bo” da película será o policía, que ten un punto de pai ou protector que as intenta salvar contra todas as opinión, e que observa o fin da película de modo impotente. 

    Por outra banda, temos que resaltar unha fotografía incrible, chea de referencias os Western, a cor dourada do filme e grandes planos con zonas de deserto, xunto co Gran Cañón  inimaxinable case noutro contexto que non sexa o cine de vaqueiros. Tamén inflúen o formato alargado que ten a película moi útil para mostrar paisaxes e a banda sonora, influida claramente pola música country. A mezcla de estilos, de historias e de impresións de Ridley Scott fan que a película traiga un novo punto de vista sobre diferentes xeneros, dende a Road Movie, o Western, a película de acción ou de persecucións, ou o que Lorenzo Daponte definiu como “ Drama giocosso”, é dicir, un drama divertido… e non se pode negar, que Thelma e Louise, pese a ser unha película dramática ten un punto moi divertido, case de comedia en certos momentos.


     Un dos momentos clave da película, e que eu creo que merece mención aparte nun comentario polo seu punto case catárquico, é a explosión do camión. Representante do falocentrismo e da represión machista, a destrucción a modo de venganza liberadora crea unha escena que a todos nos impacta.  E quizáis nese momento cando as dúas personaxes finalmente consiguen liberarse das ataduras machistas as que están sometidas. Pero sen dúbida o mellor momento, no que todos estamos apoiando as protagonistas e viaxamos con elas montados no coche e cando, unidas polas mans, prefiren botarse o Gran Cañón antes que ser capturadas. Ese momento de salto o vacío que libera as protagonistas do carcere, si, pero tamén detodas as represións as que estiveron sometidas, a morte liberadora igual que no filme de Mar Adentro, o salto a liberdade de “liberade a Willy”…  tema tópico, outra vez, pero, outra vez cunha nova dimensión.

En conclusión, Thelma e Louise é un filme con moitos puntos de vista, pero xenial en concepción e realización.  Pode que Ridley Scott arriesgara máis en Blade Runner,  e que este filme sexa un pouco máis ó gusto do público, ainda así, o guión, as interpretacións e a fotografía fan que mereza un oco na historia do cine.
 

Sem comentários:

Enviar um comentário