(Ridley Scott, 1991)
A viaxe cara a liberdade. Unha viaxe difícil, chea de ostáculos que conduce a unha única saída catárquica e liberadora. Parece incrible como un tema utilizado miles de veces en miles de historias sigue a ser vixente no día de hoxe. Os eternos temas tópicos sempre permiten unha volta de parafuso, unha nova revisión adaptándoas ó momento.
Unha Road Movie feminista parece extraña de entrada, pero nada máis acercarnos a ela descubrimos que é posible e lóxica: os personaxes e a súa realidade, unha historia de acción clásica mezclada con situacións duras e a vez un tanto cómicas, na que a amizade das dúas protagonistas se establece como o principal elemento que move o filme.