sexta-feira, 30 de dezembro de 2011

BACH



Un momento, reflexión.
A vida transcurre entre pensamentos,
ornamentos que se crean
entre acordes.

A soidade que che permite
contactar ca profundidade da mente.

Música, na miña opinión,
das esferas.
E a vez,
mundana.

BACH


Janine Jansen, interpretando o Adagio 
da primeira sonata para violín 
sen baixo do
 grande,
 atemporal,
eterno,
 BACH.

quinta-feira, 29 de dezembro de 2011

terça-feira, 27 de dezembro de 2011

O pasado permanece.

                 
                Reconstruccións recordando 
          a destrucción absoluta.
               
       O lume, a metralla, as balas
            a loita e o sangue
           permanecen manchando 
      as paredes destas salas de arte.








             
                 Pero a arte permanece,
               sobre todo.
        
        Intemporal 
                   e
                      atemporal.














                                          Friedich Albert Stüler, reversionado polos debaneos históricos 
e David Chipperfield,
para conservar
 o busto da muller máis fermosa de exipto.

segunda-feira, 26 de dezembro de 2011

Liebestod



A morte de amor,
éxtase existencial envolvente.
Non pode existir unha
morte máis doce
máis triste,
máis fermosa.
Enfermar de amor eterno.




Delicioso e calado, 

como sorrí, 

como os ollos 

abre propicio, 

¿Védelo amigos? 
¿Védelo? 
¿Cada vez máis luminoso 
cómo resplandece, 
astro bañado na luz, 
cómo se eleva ó alto? 
¿Non o vedes? 
¿Cómo o corazón 
se lle dilata, valeroso, 
cómo pleno e noble 
se le incha no peito? 
¿Cómo nos beizos, 
deliciosamente, 
o doce alento 
suavemente exhala? 
¡Amigos! 
¡Vede! 
¿Non o vedes nin o sentides? 
¿Sólo eu oigo 
esta melodía, 
que tan marabillosa 
e doce, 
lamentándose gozosa, 
dicindoo todo, 
docemente conciliadora, 
resonando dende el, 
penetra en mín, 
elevase sobre sí, 
sonando propicia, 
rodeándome de son? 
Vibrando máis claras, 
envolvéndome ondeantes, 
¿son ondas de brisas deliciosas? 
¿son nubes de aromas docísimos? 
Cómo medran, 
cómo me rodean de murmurios, 
¿debo respiralas, 
debe escoitalas? 
¿Debo bebelas a sorbos, 
sumerxirme nelas? 
¿Respirarme en doces fragancias? 
Na crecida ondeante, 
no son resonante, 
no universo suspirante 
da respiración do mundo, 
anegarse, 
abismarse, 
inconsciente, 
supremo 
deleite. 


Wagner, embriagador de mentes, escritor e músico.
A grande Maria Callas, inmortal na perfección, 
actriz da voz inigualable

domingo, 25 de dezembro de 2011

quinta-feira, 22 de dezembro de 2011

terça-feira, 20 de dezembro de 2011

quarta-feira, 14 de dezembro de 2011

Ritos de transformación


           

             A máxia da luz,
          da transformación. 
                Do espello,
            efímero reflexo
            da beleza nun 
     reflexivo instante
           de preparación.
                

segunda-feira, 12 de dezembro de 2011

Liñas de unión


Camiños que unen
ferros que estreita
liñas que conflúen.
Outro xenio da imaxe,
do tacto,
do sentimento....
Norman Foster

sábado, 10 de dezembro de 2011

Visións do meu mundo


Imaxes da miña visión fotográfica.
Arte en estado puro.
Arte irracionalmente lóxico.


                              Pequenoportfolio de M. Álvarez

quinta-feira, 8 de dezembro de 2011

terça-feira, 6 de dezembro de 2011

Revisións e Reflexións




Revisións e Reversións


clásico, moderno, contemporáneo.


Reinvención artística.












Como reversionar cunha nova mirada

quinta-feira, 1 de dezembro de 2011

Soidade ou Liberdade?



Cal é a opción vital que cada un elixe?

podes voar só,
podes voar libre.

Vive.

Fotografía: M. Álvarez