quarta-feira, 28 de setembro de 2011

Reflexións fotográficas. Ideas libres sobre a fotografía actual





Dende os últimos vinte anos, un cambio continuo acelérase a un ritmo vertixinoso. A era dixital avanza e o desenvolvemento de internet crea un novo mundo posible que fai pouco era totalmente inimaxinable.

Evidentemente o proceso de adaptación á evolución que estamos a vivir e constante. Se fai dez anos amencía a era do dixital, hoxe en día estamos inmersos nela. Co desenvolvemento aparece o abaratamento dos medios: na actualidade calquera pode ter unha cámara dixital, o que acelerou o mercado da imaxe dunha forma vertixinosa. Todos  temos unha cámara no teléfono, no Iphone... e o precio dunha dixital compacta é asequible para case todo o mundo. Polo que calquera pode conseguir unhas fotos cun resultado o suficientemente aceptable, como para non precisar a un profesional. O fotógrafo debe adaptarse na actualidade a un novo modelo de mercado, xa que a reportaxe tradicional é un campo que desaparece.

Outro punto importante que se produce na actualidade é a aparición de blogs e páxinas web na rede. Calquera pode facer que o seu traballo estea exposto ó público dunha forma sinxela que hai dez anos era inimaxinable sen un un sistema de selección previa. Esto ten dous polos, un positivo, xa que existe unha total liberdade na rede á hora de expoñer imaxes e información que se contrapón cunha cantidade ilimitada de información falsa e imaxes incoherentes, que nos conducen a erros informativos. Xorde neste intre a pregunta de ¿quen controla a información? se ata o día de hoxe, eran os medios -influenciados políticamente-. Na actualidade, comezan a ser prescindibles, isto afecta a fotografía de prensa dunha forma directa, e obriga a este tipo de traballador da imaxe a redefinirse.

A relación entre a fotografía de prensa e o arte é outra idea interesante. Non é posible diferenciar entre imaxe artística e xornalística, ainda que teoricamente existe unha marxe de diferencia: unha imaxe artística (normalmente) intenta conmover ó espectador, unha imaxe xornalística intenta informar dunha forma teoricamente obxectiva. Pero a realidade é moito máis complexa. ¿É posible entender unha imaxe de Capa ou Morenatti só como información visual? Non. A maior parte das súas imaxes impactan no espectador dunha forma contundente. O efecto que causa ver a outro ser humano nunha situación determinada inflúete, e manipula o teu subconsciente. Unha fotografía, ainda que pode ser escenificada ou irreal, sempre conserva un punto de realidade, un "nese momento, iso era así" que fai que o impacto da imaxe sexa moito maior. 

O abaratamento dos custos crea novos dilemas. Se calquera pode facer fotografías, e a cuestión "técnica" queda nun segundo término. Como podemos diferenciarnos como fotógrafos? A orixinalidade parecía a resposta correcta, pero... o ser humano tende a unha reinvención continua, os temas condúcense de forma cíclica ó buscar todos as mesmas respostas: "nil novum sub solem" . Ademáis, ata que punto se valora a orixinalidade? Leonardo da Vinci, traballaba con axudantes, igual que Stradivarius, e Vivaldi facía autoplaxio habitualmente. Pode que o contexto fose outro, pero na actualidade a idea de diferenciación e orixinalidade, na miña opinión, está en certos puntos sobrevalorada.

Probablemente o mercado da arte atópase nun punto manierista que evolucionará nos próximos anos. As vangardas morreron de éxito, e na actualidade a idea de "epatar" ó burgués xa non ten sentido, así que, fotográficamente falando, debemos reinventar o discurso artístico e buscar coherencia á hora de levalo a práctica. Debemos de crear un novo sistema, pero non desprezar o xa existente. Como diría Schönberg tras inventar o sistema dodecafónico: "aínda queda moita música por se escribir en do maior".

segunda-feira, 26 de setembro de 2011

Vidas na miña vida....influencias extratemporais

A: Alban Berg/ Alma Mahler/ Amelie  / Astor Piazzola / Avedon
B: Boticelli / Bernini / Bach / Brasai / Beethoven / Brahms / Beethoven
C:  Claude Debussy/ Cecilia Bartoli/ Chema Madoz /Carolina Otero / Concha Buika / Chet Baker / Castelao 
D:  Dimitri Schostakovich / Dvorak / Diego Ribera / Dickens / Dalí 
E:  Ella Fidgerald / Edgar Allan Poe
F: Francisco de Goya  / Freud / Frida Kahlo
G: García Marquez / Gershwin / Gaudí / Gala
H: Helmut Newton 
I: Izak Perlman 
J: Julio Cortazar / Julie London / Janine Jansen / Julio Cesar
K: Kandinsky / Kachaturian / Klimt / Kruckenberg
L: Lars von Trier/ Lucia Etxebarria / Lorca / Lichtenstein / Luís Seoane
M: Mahler/ Mapelthorpe/ Mecano/ Monett/ Maná / Marx / Madonna / Maruxa Maio / Man Ray 
N: Norman Foster/ Nan Goldin
O: Oscar Wilde / Otero Petrayo
P: Puccini / Pollock / Paco de Lucia / Plácido Domingo / Picasso /Perez Reverte
Q: Queen / Quesada
R: Robert Capa/Rosalía de Castro /  Ruben Darío
S: Stravinsky/ Strauss / Schönberg 
T: Tarantino / Thomas Mann / Tiziano / Tania Blixen/ Tchaikovsky
U:  Umberto Eco
V:  Velazquez / Vengerov / Verdi / Valle- Inclán
W: Wagner / Wilder / Woody Allen / Warhol
X: Xoel López
Y: Yves Saint Laurent / Ysaÿe
Z: Zimmerman / Zuckerman