Mostrar mensagens com a etiqueta cine. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta cine. Mostrar todas as mensagens

domingo, 27 de maio de 2012

A Língua das Bolboretas



A Língua das Bolboretas
Cuerda-Rivas


Na miña opinión o logro de Jose Luis Cuerda é o ter conseguido hilvanar tres relatos distintos nunha única historia, que recrea a vida nun rural galego case idílico sobre o que planea a sombra da  Guerra Civil.
A emoción causada pola aprendizaxe da vida, por descubrir cómo funciona un mundo, pero un mundo similar a un diamante con diferentes e afiladas aristas que consiguen que a historia principal deste guión nos deixe co corazón encollido. Unha ópera perfecta que nos guía cara un final cun dramatismo que consigue por a pel de pita. Os contos de Rivas son xeniais, e Cuerda consigue darlles vida nun filme abraiante. 

segunda-feira, 6 de fevereiro de 2012

Rear Window

      Rear Window 
                                                  A fiestra indiscreta




       Probablemente a mera colección de telefilmes e adaptacións feitos a partir desta historia xa nos permitan imaxinar ante o tipo película co que nos atopamos. A Rear Window é un dos grandes filmes de Alfred Hitchcock e dende o capítulo adicado dos Simpson ata reversións de serie b, utilizarase o argumento deste filme readaptándoo e reutilizandoo ata a saciedade, unhas con grande éxito como pode ser Woody Allen en “Misterioso asasinato en Manhattan”  ou dunha maneira estrepitosamente patética como ocurre noutros filmes (que omitirei citar). Moitos pecamos de ter visto primeiro unha versión de terceira antes de achegarnos ó gran orixinal.

sexta-feira, 27 de janeiro de 2012

Thelma & Louise

                         Thelma & Louis
                          (Ridley Scott, 1991)





A viaxe cara a liberdade. Unha viaxe difícil, chea de ostáculos que conduce a unha única saída catárquica e liberadora.  Parece incrible como un tema utilizado miles de veces en miles de historias sigue a ser vixente no día de hoxe. Os eternos temas tópicos sempre permiten unha volta de parafuso, unha nova revisión adaptándoas ó momento. 

    Unha Road Movie feminista parece extraña de entrada, pero nada máis acercarnos a ela descubrimos que é posible e  lóxica: os personaxes e a súa realidade, unha historia de acción clásica mezclada con situacións duras e a vez un tanto cómicas, na que a amizade das dúas protagonistas se establece como o principal elemento que move o filme.

quinta-feira, 12 de janeiro de 2012

Wagner-Trier


Simplemente exquisito.
Esto é o filme.
Esto é a opera.


 Lars von Trier en amalgama con Richard Wagner

terça-feira, 10 de janeiro de 2012

domingo, 27 de novembro de 2011

Suspiros de liberdade


A música ó servizo de Deus, que se converte na Música o servizo do home.
Altera os sentimentos, crea odio, amor, paz, desesperación.
Ansias de liberdade, inalcanzable liberdade.

Deixa que chore a miña crúa sorte,
e que suspire a liberdade.


G.F. Händel
Rinaldo

segunda-feira, 21 de novembro de 2011

Unións Perfectas


A imaxe e o son.
Conxunción de cor, encuadre e concepto
con 
Música, paixón e expresión.


A perfecta conxunción de dous mundos que
 se mesturan, 
se tocan 
se sinten...


Amor
Drama
Morte
Música
Imaxe
 EXPRESIÓN
 ARTÍSTICA 
 PERFECTA
se mesturan 


Fotografía de  Vittorio Storano
Música de Giuseppe Verdi
Viva l' Italia

quarta-feira, 9 de novembro de 2011


TEODORO:¿Lloras?
DIANA: No; que me ha caído
algo en los ojos.
TEODORO:¿Si ha sido amor?
DIANA: Sí debe de ser;
pero mucho antes cayó,
y agora salir querría.


TEODORO: Yo me voy, señora mía;
yo me voy, el alma no.
Sin ella tengo de ir;
no hago al serviros falta,
porque hermosura tan alta
con almas se ha de servir.
¿Qué me mandáis? Porque yo
soy vuestro.
DIANA:¡Qué triste día!
TEODORO: Yo me voy, señora mía;

yo me voy, el alma no.

DIANA:¿Lloras?
TEODORO: No; que me ha caído  

algo, como a ti, en los ojos.
DIANA: Deben de ser mis enojos.
TEODORO: Eso debe de haber sido.
DIANA: Mil niñerías te he dado,
que en un baúl hallarás;
perdona, no pude más.
Si le abrieres, ten cuidado
de decir, como a despojos
de vitoria tan tirana,
«Aquéstos puso Diana
con lágrimas de sus ojos.»


Grandiosa Pilar Miró.
Grandioso Lope de Vega.